O RC Celta reecontrase coa vitoria (1-0)

O RC Celta reencontrouse coa vitoria en Abanca Balaídos tras imporse ao Athletic Club (1-0). Os de Fran Escribá venceron grazas a un gol de cabeza de Iago Aspas tras unha xogada ensaiada.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade e o xogo no centro do campo. As defensas impuxéronse aos ataques e foron poucas as chegadas á área rival. As máis claras chegaron por parte dos xogadores celestes.

No segundo tempo o RC Celta deu un paso adiante e o seu dominio sobre o céspede viuse recompensado cun bo gol de Iago Aspas.

FICHA TÉCNICA

1- RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Aidoo, Araujo, Olaza; Rafinha (Brais, min 72), Lobotka (Pape, min 82), Yokuslu, Denis Suárez (Beltrán, min 88); Iago Aspas, Santi Mina

0- Athletic: Unai Simón; Capa, Yeray, Íñigo Martínez, Balenziaga; Dani García, Vesga (Larrazabal, min 81); De Marcos (Sancet, min 66), Raúl García, Muniain (Aduriz, min81); Williams.

Goles: 1-0 Aspas, min 73

Árbitro: Media Jiménez, do comité catalán. Amoestou a Balenziaga, Raúl García, Yeray, Íñigo e Capa (Athletic)

Campo: Abanca Balaídos (19.690 espectadores)