O RC Celta reforza o coidado da súa canteira con completos estudos cardiolóxicos aos xogadores

estudios_cardio_cantera_web_211215.jpg

 

O Real Club Celta dá un paso máis no coidado, desenvolvemento e potenciación da canteira coa realización duns completos estudos cardiolóxicos aos xogadores das categorías inferiores, unhas probas que unha vez máis sitúan ao club na vanguardia do fútbol español.

 

As probas materialízanse trala firma dun acordo de colaboración coa empresa Nuubo para a realización de valoracións cardiacas dos xogadores das categorías inferiores celestes. “Trátase dun estudo moi fiable desde un punto de vista funcional cardiaco que se realiza a través dun dispositivo que proporciona Nuubo para medir a función cardiolóxica durante o exercicio”, comenta o xefe dos servizos médicos do RC Celta Juan José García Cota

 

“Este é un dato moi importante, xa que non só supón un estudo da función cardiaca en si, ademais faise durante a actividade deportiva, o que nos dá moita máis información e axuda a descartar patoloxías que se poden dar no deportista e non na vida diaria. É moi útil para previr posibles alteracións”, engade o doutor Cota.

 

O coidado e desenvolvemento da canteira converteuse nun dos acenos de identidade do Real Club Celta, recoñecido e valorado non só polo celtismo, cuxo apoio é vital para o seu crecemento, senón por todo o fútbol español.

Leave a Reply

20 + 7 =