O RC Celta rescata un punto sobre a bucina (1-1)

O RC Celta empatou en casa ante o RCD Espanyol grazas a un gol no último minuto de Santi Mina (1-1). Os de Fran Escribá dominaron o encontro desde o principio pero atopáronse enfronte cun equipo totalmente replegado.

Na primeira metade os celestes tiveron varias ocasións claras de gol que se marcharon desviadas por centímetros. Tras a continuación, o equipo catalán adiantouse no marcador nunha acción illada. O premio do empate chegou no tempo de desconto grazas a un soberbio cabezazo de Santi Mina tras un centro de Hugo Mallo. Minutos antes, Rubén Blanco realizou unha excepcional intervención que foi clave no resultado final.

FICHA TÉCNICA

1- RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araujo, Aidoo Jr, Olaza, Fran Beltrán, Lobotka (Brais, min 61), Rafinha (Gabriel Fernández, min 76), Denis (Sisto, min 84), Iago Aspas e Santi Mina

1 – RCD Espanyol: Diego López; Javi López, Naldo, Calero, Didac; Vargas (David López, min 77), Marc Roca (Darder, min 86), Víctor Sánchez, Pedrosa; Wu Lei (Pipa, min 64) e Calleri

Goles: 0-1 Pedrosa, min 48, 1-1 Mina, min 94;

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou a Lobotka e Aspas (RC Celta) e a Calero, Víctor López, Naldo, Pipa e Calleri (RCD Espanyol).

Campo: Abanca Balaídos (16.361 espectadores)