Hemeroteca canteira

O RC Celta reúnese coas familias dos seus canteiráns

RC Celta

reunionpadres1.jpg

 

As nais e os pais dos canteiráns do RC Celta reuníronse a pasada semana cos coordinadores do fútbol base celeste nas Instalacións Deportivas da Madroa, uns encontros informativos que tiveron unha gran acollida por parte dos familiares dos xogadores.

 

As reunións, que contaron coa presenza de Carlos Hugo, Director de Canteira; Joaquín Dosil, responsable do Dpto. de Psicoloxía Deportiva e Coaching; Míchel Martínez e Álex Otero, Coordinadores de Canteira e Edu Covelo, Responsable de Metodoloxía, serviron para tratar temas moi diversos entre os que destacaron os relativos ao papel das familias no desenvolvemento dos canteiráns.

 

A asistencia foi moi numerosa e os encontros resultaron moi satisfactorios tanto para o RC Celta como para os pais e nais, quen tiveron a oportunidade de resolver dúbidas e realizar propostas que o club terá moi en conta. Ao longo da tempada volverase a repetir esta experiencia para tratar novos temas e recibir máis propostas e opinións sobre o traballo de canteira do RC Celta.

 

reunionpadres2.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas