O RC Celta suma á súa defensa técnica, forza e asistencias coa incorporación de David Juncá

O RC Celta pechou a incorporación, a partir do 30 de xuño e por cinco tempadas, do lateral esquerdo David Juncá, quen termina contrato co Eibar esta campaña. O conxunto celeste suma deste xeito ao seu defensa a un xogador sólido e seguro, con moi boa técnica e unha enorme capacidade para centrar con precisión e criterio desde calquera posición en zona de ataque.

David Juncá (Riumors, Girona o 16 de novembro de 1993) formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona e Girona, onde debutó co primeiro equipo a finales do ano 2011, con 18 anos de idade. Curiosamente, o seu primeiro partido como titular, esa mesma tempada, foi contra o RC Celta en Montilivi.

O defensor zurdo asinou polo Eibar no ano 2015 e no club armeiro, en Primeira División, disputou 61 partidos e deu once asistencias.

Juncá, quen se caracteriza pola súa fortaleza física, o seu bo trato do coiro e a súa precisión nos centros ao área, se desenvolve con idéntica solvencia como lateral zurdo ou como carrileiro.