O RC Celta suspende a actividade de primeiro equipo e filial

Dada a situación sanitaria existente e seguindo as recomendacións dos servizos médicos do club e da RFEF, o RC Celta suspende os adestramentos do primeiro equipo e do filial até nova orde. Os xogadores dispoñen xa dunhas pautas de traballo físico personalizadas que deberán realizar nos seus domicilios durante os días nos que non haxa adestramentos.