O RC Celta viaxa a Inglaterra con vinte e catro xogadores

O adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, incluíu a vinte e catro xogadores na lista para viaxar este martes a Inglaterra, onde os celestes se medirán a Southampton (mércores 1 de agosto) e Fulham (sábado 4 de agosto), entre eles os futbolistas do filial Fran Vieites, Juan Ros e Dennis Eckert.

A lista completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Fran Vieites, Néstor Araujo, David Costas, Roncaglia, Mazán, Juan Ros, Cabral, Hugo Mallo, Juncà, Kevin, Lobotka, Jozabed, Borja Fernández, Juan Hernández, Brais Méndez, Emre Mor, Beauvue, Hjulsager, Dennis Eckert, Sisto, Iago Aspas e Maxi Gómez.

Non entran na lista Fontàs e Radoja, nin os lesionados Rubén Branco, Okay e Boufal.