O RC Celta volve lucir a prestixiosa marca galega Do Rego & Novoa

A prestixiosa firma galega Do Rego & Novoa, referencia en moda e complementos, segue vinculada ao RC Celta unha temporada maís e asumiu a confección do traxe oficial do primeiro plantel celeste para a presente tempada. O acordo entre ambas entidades inclúe outro conxunto de estilo máis casual para os desprazamentos do equipo.

Do Rego & Novoa é unha empresa textil dedicada ao deseño, confección e comercialización internacional. A marca, de estilo clásico, innovador e elegante, está dirixida a un público xoven que desfruta a moda cun estilo moi persoal. O novo convenio inclúe unha posible prórroga por outra tempada máis.