O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Alavés

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 25 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao Deportivo Alavés. Os celestes visitarán ao equipo vitoriano o sábado 23 de febreiro ás 18:30 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.