O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o FC Barcelona

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 36 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a o FC Barcelona. Os celestes recibirán ao conxunto catalán o sábado 4 de maio ás 20:45 horas. Movistar Partidazo retransmitirá o encontro en directo.