O RC Celta xa coñece os horarios dos seus partidos ante Girona e Espanyol

LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 33 e 34 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a Girona e Espanyol respectivamente. Os celestes recibirán ao conxunto branquivermello o sábado 20 de abril ás 13:00 horas e visitarán ao equipo barcelonés o mércores 24 de abril ás 20.30 horas. BeIN Sports LaLiga retransmitirá os encontros en directo.