O RC Celta xoga no Santiago Bernabéu o sábado 12 de maio

LaLiga anunciou os horarios correspondentes á xornada 37 do campionato regular, aínda que advirte que están suxeitos a modificacións en función dos resultados da xornada previa. O RC Celta visita o Santiago Bernabéu o sábado 12 de maio ás 18:30 para medirse ao Real Madrid.