O RC Celta xogará dous amistosos ante o Unión Berlín en Alemaña

A pretemporada do RC Celta pasará por Alemaña. O equipo adestrado por Fran Escribá disputará dous partidos amigables en terras xermanas ante o Unión Berlín, equipo recentemente ascendido á Bundesliga. O primeiro deles será o día 2 de agosto na cidade deportiva do conxunto da capital, mentres que o segundo, o día 3 de agosto, terá como escenario o estadio Alte Försterei, onde o Unión Berlín xoga como local.

Os encontros ante o Unión Berlín súmanse aos xa anunciados ante o CD Lugo, o 20 de xullo en Portonovo, Lille, 27 de xullo na Lomba, e SS Lazio, o 10 de agosto en Abanca Balaídos con motivo do Trofeo Memorial Quinocho.