O RC Celta xogará un amigable ante o CD Tenerife en Melgaço

O RC Celta disputará o vindeiro martes 6 de agosto un novo partido de pretemporada. O conxunto celeste medirase ao CD Tenerife en Melgaço a partir das 20.00 (hora española). O amigable ante o equipo insular é o sexto confirmado tras os xa disputados ante CD Lugo e Lille e os que están pendentes ante Unión Berlín (dous) e Lazio. O club anunciará nos próximos días toda a información relativa ás entradas para o encontro de Melgaço.