O RC Celta Xuvenil bate a marca histórica de puntos da categoría

A Madroa viviu esta mañá un fito histórico que colma de orgullo ao RC Celta e á súa Fundación. O Xuvenil de División de Honra venceu ao Real Oviedo por tres goles a cero e converteuse no equipo que máis puntos sumou na historia do Grupo I do Campionato de Liga desta categoría.

O RC Celta Xuvenil acabou a competición en primeira posición con 80 puntos, un máis que os sumados polo equipo celeste na campaña 2012/2013, ata agora a puntuación máis alta da historia. O equipo de Jorge Cuesta acabou a tempada con 26 vitorias, dous empates e outras tantas derrotas.