O R.C.Celta Cadete afronta este fin de semana a Fase Final da Copa Coca-Cola

catete_a.jpg

Medirase a Athletic Club e Zaragoza en busca das finais do domingo

 

O Real Club Celta Cadete A afronta este fin de semana a Gran Fase Final da XIII Copa Coca-Cola, que se disputará este fin de semana  nas instalacións da Escola de Fútbol de Mareo. Os celestes mediranse este sábado ao Athletic Club (12.30 horas) e ao Real Zaragoza (20.30 horas), mentres que o domingo terá lugar a final a partir das 9.30 horas.

 

 

Nesta Gran Fase Final participarán máis de 400 xogadores e xogadoras de categoría cadete, que vivirán en primeira persoa  experiencias inesquecibles durante un fin de semana cheo de paixón, fútbol e valores nunha competición que arrincou en setembro e na que participaron máis de 5.000 equipos e preto de 100.000 xogadores de toda España con idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos.

 

 

En categoría masculina, os celestes alcanzaron a fase final xunto aos clubs Valencia C.F., Atlético de Madrid, Sevilla F.C., Real Zaragoza e Athletic Club de Bilbao, mentres que as seleccións clasificadas son as de Murcia, Baleares, Andalucía, Cataluña, País Vasco e Cantabria. Todos eles loitarán por proclamarse campión de clubs e seleccións distribuídos en dous grupos de tres clubs e tres selecciones.

 

 

Os campións de cada grupo, os dous clubs e as dúas seleccións, disputarán o domingo a final de clubs e de seleccións para determinar o campión de cada categoría. Posteriormente, ambos se enfrontarán na Gran Final de Copa Coca-Cola para ver quen se alza co trofeo.

Leave a Reply

14 − 14 =