O R.C.Celta Xuvenil, a remontar na Madroa para acceder ás semifinais de Copa

celta_real_juveniles_web_6615.jpg

Recibe este domingo (12.00 h) á R.Sociedad, que chega a este choque de volta de cuartos con vantaxe 

 

As instalacións deportivas da Madroa acollerán este domingo (12.00 horas) un apaixonante partido de volta dos cuartos de final da Copa do Rei Xuvenil. O Real Club Celta recibe á Real Sociedad coa necesidade de remontar trala derrota por dous goles a un sufrida fai sete días en Zubieta.

O R.C.Celta anima aos abonados e afeccionados celestes a que acudan á Madroa para gozar deste interesante encontro e empuxar ao xuvenil cara ás semifinais da competición.

Leave a Reply

10 + 12 =