O R.C.Celta Xuvenil, ás semifinais de Copa tras superar na prórroga a un gran rival

cellta_real_web_7615.jpg

Gran partido na Madroa ante a R.Sociedad con vitoria celeste (4-2) e unha afección envorcada

 

O R.C.Celta xuvenil clasificouse para as semifinais da Copa do Rei tras superar na Madroa á Real Sociedad nun partidazo, con choiva de goles e unha prórroga cargada de emoción baixo unha calor infernal. Os célticos, que disputaron os últimos minutos cun xogador menos, acabaron doblegando a un gran rival por catro goles a dous con doblete de Adrián Rodrígueze tantos de Yelko, e Brais. A afección encheu a grada da Madroa e empuxou sen desmaio ao equipo cara á semifinal.

 

Boa primeira metade dos celestes, que aplicaron paciencia e velocidade para tratar de superar a un rival que defendía con orde e todo o equipo no seu propio campo. Os célticos gozaron de varias ocasións, aínda que non lograron sacarlle partido ata que se cumpriu media hora de xogo. Un novo balón entre liñas, ás costas da zaga da Real, acabou en penalti. Adrián Rodríguez transformouno para darlle vantaxe ao Celta.

 

O conxunto donostiarra, que tamén dispuxo de ocasións á contra antes do tanto celeste, apertou nos minutos finais, pero non foi capaz de superar á zaga local.

 

A segunda metade comezou cun golazo de Mikel desde fóra do área que desfacía a vantaxe céltica. Os vigueses mantiveron como acenos de identidade a circulación de balón, a paciencia e a procura incansable de espazos entre as apertadas liñas dunha Real que xamais se descompoñía e buscaba a contra con perigo.

 

Ao borde dos 15 minutos de xogo, irrompeu Pape. Arrincou en tres cuartos de campo, penetrou desfacéndose de varios contrarios e caeu no área derribado por Gararntxo, o meta donostiarra. Yelko anotou desde os once metros para igualar a eliminatoria.

 

O dous a un non se moveu ata o final malia os intentos dos celestes, sempre dominadores e ambiciosos contra un rival moi ben traballado e firme no seu xogo.

 

A prórroga foi un cúmulo de emocións. Adrián Rodríguez marcou para os célticos e apenas dous minutos despois Mikel decantou de novo a eliminatoria para a Real. Tres minutos despois, Brais acertou tras unha xogada ensaiada desde a banda. O canteirán viu, a falta de cinco minutos para o final, a tarxeta vermella directa nun balón dividido e o Celta encarou o tramo final cun xogador menos.

 

Os célticos aguantaron o empuxe donostiarra baixo unha calor infernal e clasificáronse para as semifinais da Copa do Rei.

 

FICHA TÉCNICA

4-R.C.Celta: Iván, Sergio, Bugallo, Diego, Jorge, (Pancho, min.79), Peña, Pape (Rocha, min.65), Yelko, Hugo Pintos (Brais, min.68), Julio (Álex Hernández, min.117) e Adrián Rodríguez

 

2-R.Sociedad: Garrantxo, Rodríguez (Egiluz, min.75), Axel (Guevara, min.73), Íñigo, Sergio (Orbegozo, min.81), Pecharromán, Igor, Mikel, Calvillo, Muñoz (Ánder, min.96) e Zourdine

 

Goles: 1-0, min.31: Adrián Rodríguez, de penalti; 1-1, min.54: Mikel; 2-1, min.61; Yelko, de penalti; 3-1, min.105: Adrián Rodríguez; 3-2, min.107: Mikel; 4-2, min.110: Brais

 

Árbitro: Extremadura Hernández, do comité gallego. Expulsou con vermella directa a Brais (min.115) e con doble amarela a Íñigo (min.119) e amonestou aos celestes Diego, Yelko e Hugo Pintos e a los visitantes Garrantxo, Mikel e Muñoz

 

Campo: A Madroa   

celta_web2_7615.jpg

Leave a Reply

2 × 3 =