O R.C.Celta Xuvenil medirase ao Rayo Vallecano nas semifinais da Copa do Rei

sorteo_semis_juvenil_web_8615.jpg

O partido de ida disputarase o vindeiro domingo en Vallecas

 

Trala holgada eliminación do Athletic Club e a súa épica remontada ante a Real Sociedad en cuartos de final, con dous tantos na prórroga e cun xogador menos no tramo final, o Real Club Celta Xuvenil xa coñece ao seu rival nas semifinais da Copa do Rei. Os celestes mediranse ao Rayo Vallecano, co partido de ida o domingo 14 de xuño en Vallecas e a volta o fin de semana seguinte en Vigo.

Leave a Reply

five × 4 =