Hemeroteca club

O Real Club Celta amosa o seu apoio á iniciativa solidaria ‘Lúatlon’

RC Celta

Luatlon_160114.jpg

O promotor da proba, Alberto Figueiro, compartiu o seu proxecto có plantel e o corpo técnico

 

O plantel e o corpo técnico do Real Club Celta amosaron esta mañá na Madroa o seu apoio a unha encomiable iniciativa do deportista Alberto Figueiro Romay, quen promociona por toda Galicia un dúatlon en homenaxe ao seu irmán, Luís Miguel, “Lú”, falecido por leucemia hai apenas un ano. Os celestes departiron ao acabar o adestramento a Alberto Figueiro e ofreceron o seu absoluto respaldo ao seu proxecto: a organización do evento deportivo “Lúatlon” o próximo día dous de febreiro no Grove e a recadación de fondos para a Asociación Española contra o Cancro.

 

Alberto Figueiro percorre Galicia desde hai uns días correndo e en bicicleta en homenaxe ao seu irmán, cuxo lembro dálle as forzas que require abordar tan esixente proba, e promocionando o “Lúatlón” do Grove, que constará de dúas carreiras, unha popular cunha distancia reducida aberta a todos os cidadáns e unha proba do Circuíto Galego de dúatlon.

 

A recadación deste evento será destinada a investigación para axudar a combater o cancro e ao apoio psicolóxico que necesitan as persoas que padecen esta enfermidade.

 

O plantel e o corpo técnico do Real Club Celta fotografáronse co deportista e intercambiaron camisetas celestes con outras de apoio á iniciativa. O Real Club Celta quere tamén expresar o seu respaldo a este proxecto e desexarlle a Alberto Figueiro un gran éxito neste evento solidario.

 

Declaracións de Alberto Figueiro e reportaxe proximamente en Celta TV: http://celtatv.interoud.tv/

 

Máis información sobre a proba: http://luatlon.org/

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas