O Real Club Celta e a súa Fundación, á beira das persoas con Alzheimer e as súas familias

O pasado 21 de setembro celebrouse o Día Mundial do Alzheimer, unha data destacada para lembrar ás persoas que padecen unha enfermidade neurodegenerativa e aos seus coidadores

 

 

O Real Club Celta e a súa Fundación apoian á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia ( Afaga Alzheimer), ás persoas que teñen alzheimer e aos seus familiares.

Este ano Afaga Alzheimer cumpre 25 anos e tanto o Real Club Celta como a súa Fundación queren poñer en valor ese labor visibilizando a súa actividade. Por iso, e con motivo das actividades que se desenvolven en torno ao Día Mundial do Alzheimer, levarán a cabo diversas accións de información e sensibilización a través dos videomarcadares do estadio ABANCA Balaidos nos prolegómenoes/prolegómenos do partido RC Celta – RCD Espanyol que se celebrará o próximo 26 de setembro ás 14:00 h.

Ademais, en consonancia co lema escollido pola Asociación en conmemoración do seu aniversario, 25 Anos ao teu Lado, AFAGA Alzheimer quere homenaxear á figura da persoa coidadora. O RC Celta e a súa Fundación fan extensible este recoñecemento a un labor desinteresado que require de enorme afouteza.