Primeiro Equipo

O Real Club Celta e Abel Resino acordan pór fin á súa relación

RC Celta

2012060652abel-portadilla.jpg

O club agradece ao técnico o traballo realizado, así como o seu esforzo e dedicación

 

O técnico Abel Resino desvincúlase do Real Club Celta tras o acordo alcanzado por ambas as partes para proseguir os seus camiños por separado, unha decisión conxunta tomada hoxe por considerar que, unha vez alcanzado o obxectivo na recentemente concluída tempada, é o mellor tanto para o técnico como para o club ao percibir diferenzas na filosofía de club.

 

O Real Club Celta quere expresar o seu máis sincero agradecemento a Abel Resino polo traballo que realizou no último tramo da competición, no que o equipo conseguiu a permanencia. O club desexa felicitar ao adestrador por este gran logro e agradecer a súa implicación e esforzo durante a súa etapa no banco celeste, na que o seu comportamento foi exemplar.

 

Tampouco continuarán o segundo adestrador Pepe Serer e o preparador físico Miguel Peiró, a quen igualmente o club desexa agradecer o seu esforzo e dedicación.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas