O Real Club Celta segue apontoando o seu futuro: Borja Fernández renova cinco tempadas

renovacion_borja_fdez_web_25814.jpg

O canteirán, no club desde alevines, debutó o domingo en Primeira División

 

O Real Club Celta deu hoxe un novo paso adiante para apontoar o seu futuro coa renovación do canteirán Borja Fernández, quen acaba de cumprir 19 anos e será celeste as próximas cinco tempadas. O medio centro debutó en Primeira División o pasado domingo ante o Getafe, partido no que formou parte do once titular.

 

Borja Fernández (Vigo, 16 de agosto de 1995) chegou ao Real Club Celta como alevín de primeiro ano e é un dos moitos internacionais que fabricou a canteira celeste nas últimas tempadas. Na presente campaña forma parte do filial celeste, aínda que, como outros moitos compañeiros, realizou a pretempada co primeiro equipo e gozou da oportunidade de debutar en Primeira División.

 

O medio centro recoñece que esta renovación énchelle de felicidade. “Estou moi contento porque sigo no club que me deu a oportunidade de xogar e mellorar desde moi pequeno e o que desexo é seguir aquí moitos anos para poder devolver esta confianza”.

 

Sobre o seu debut o domingo, indica que “é un momento inesquecible, recordareino sempre e máis aínda ao haberse producido en Balaídos diante da nosa afección, que me apoiou e animou en todo momento”. Engade que “é máis especial aínda si cabe porque o equipo gañou, que é o realmente importante”.

Leave a Reply

five × 2 =