O rexistro na Bancada de Animación ábrese a todos os afeccionados

Desde este xoves 5 de xullo calquera afeccionado pode xestionar a súa incorporación á nova Bancada de Animación, situada en Río Lateral por decisión da afección, acudindo ás billeteiras do estadio. O prezo do abono para esta zona é de 140€ para categoría Sub-25 e de 250€ para categoría Adulto, tanto para altas como para abonados doutras bancadas que desexen incorporarse e renovacións da antiga Grada 1923.

Estes últimos poden xestionar a renovación do seu carné nas billeteiras ou, se o prefiren, utilizando o recibo que recibiría nos seus domicilios acudindo a calquera caixeiro de ABANCA ou a través de internet nesta ligazón. As billeteiras do estadio permanecen abertas de luns a venres en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00.