O Salón Regio de A Sede acolle a recepción oficial do campionato de España sub-12

O Salón Regio da Sede acolleu esta tarde a recepción oficial do RC Celta e a Federación Galega de Fútbol aos equipos participantes no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12 que terá lugar a partir deste venres e ata o domingo 22 nas instalacións deportivas de A Madroa.

Os presidentes do RC Celta, Carlos Mouriño, e da Federación Galega, Rafael Louzán,  foron os encargados de darlles a benvida a equipos, corpos técnicos e familiares. Carlos Mouriño quixo ademais destacar o labor dos adestradores do fútbol base, sen cuxa labor, moitas veces sen recoñecemento, os equipos profesionais non poderían nutrirse de xogadores da canteira.

Na competición, que celébrase na modalidade de fútbol-8, participarán un total de 19 seleccións. O combinado galego está encadrado no grupo B, no que enfrontarase con Melilla, Illas Baleares, Castilla La Mancha e Rexión de Murcia.

A composición dos grupos é a seguinte:

Grupo A: Andalucía, Principado de Asturias, La Rioja, Comunidad Valenciana e Aragón.

Grupo B: Melilla, Galicia, Illas Baleares, Castilla La Mancha e Rexión de Murcia.

Grupo C: Navarra, Madrid, Cataluña, Ceuta e Castilla León.

Grupo D: Cantabria, Islas Canarias, País Vasco e Extremadura.

Clasificaranse para os cuartos de final, que disputaranse durante a tarde do sábado 21, os dous primeiros equipos de cada grupo. As semifinais terán lugar de xeito simultáneo o domingo ás 10.30 horas e a final disputarase a continuación, ás 12.30 horas.