O Salón Rexio de A Sede acolle este sábado un acústico de Roi, Cepeda e Miriam

Os cantantes galegos Roi, Cepeda e Miriam, protagonistas da última edición do programa televisivo Operación Triunfo, ofrecerán este sábado ás 22.30 horas un acústico no Salón Rexio da Sede do RC Celta, un evento íntimo ao que asistirán autoridades, patrocinadores e abonados do club.

Estes últimos, un total de 12, poderán acceder a unha invitación dobre para o concerto a través dun concurso que o RC Celta pon en marcha na súa conta oficial de A Sede en Twitter, onde terán que responder a unha sinxela pregunta: Que supón para ti A Sede e a chegada do RC Celta ao corazón de Vigo? Entre os abonados participantes, que deben ser maiores de idade, sortearanse 12 invitacións dobres para o concerto dos cantantes galegos. O concurso conclúe mañá, venres, ás 20.00 horas. Os gañadores, que deberán acreditar a súa condición de abonado, poderán acceder ao acústico no Salón Rexio da Sede presentando no acceso o seu DNI.

Nota 1: os gañadores deberán acreditar que son abonados maiores de idade. Os acompañantes do gañadores deberán ser maiores de 12 anos.

Nota 2: este concerto acústico é independente das actuacións no exterior de A Sede programadas a partir das 19:00 horas e abertas a todo o público.