O servizo ‘Escoitamos’ pausa a súa actividade por Nadal

‘Escoitamos’, a nova canle de comunicación do club co celtismo, pausará a súa actividade coincidindo coas datas de Nadal, en concreto do 24 de decembro ao 2 de xaneiro. A web www.escoitamos.rccelta.es, dispoñible tamén na súa versión española (www.escuchamos.rccelta.es) e inglesa (www.listening.rccelta.es), volverá ao seu funcionamento habitual a partir do 3 de xaneiro.