O soño convértese en realidade: o acordo con Pereiras lanza a cidade deportiva do RC Celta

A cidade deportiva do RC Celta, peza crave no proxecto de futuro do club, deu o paso definitivo para deixar de ser un anhelo, un soño, e converterse nunha realidade. A entidade celeste xa dispón do terreo necesario para comezar o desenvolvemento deste proxecto fundamental para o crecemento do club. O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o da comunidade de montes de Pereiras, en Mos, Carlos Sánchez, asinaron hoxe o acordo que pon a disposición do club, en réxime de aluguer, á espera da adquisición definitiva, de 150.000 metros cadrados de terreo.

“Hoxe é un gran día, foron once anos buscando  unha meta e conseguímola”, afirmou Carlos Mouriño, quen subliñou que “a firma do acordo con Pereiras permítenos pensar que isto é imparable, que deica pouco teremos unha cidade deportiva tal como viñamos pregoando, desexando e solicitando”.

“Estamos moi contentos de que se arranxe Balaídos, moi contentos coa nosa sede social, que imos inaugurar proximamente,  pero sempre o noso primeiro obxectivo foi a cidade deportiva e agora se estamos en condicións de dicir que vai para adiante e que pronto será unha realidade na súa primeira etapa”, destacou o presidente celeste.

Indicou que “o principal era asinar este acordo, xa temos o chan á nosa disposición. Desde que celebraron a súa asemblea  e ata hoxe xa tivemos contacto cos arquitectos para que empecen a deseñala e unha vez que teñamos o proxecto solicitaremos os permisos para despois meter as máquinas, que calculamos que en xuño ou xullo deben estar a traballar e desta maneira que a final de ano ou principios do próximo, os equipos profesionais do Celta poidan estar xa nas súas novas instalacións”, detallou.

Pola súa banda, o presidente da comunidade de montes de Pereiras, Carlos Sánchez, asegurou que este acordo é moi “positivo tanto para a parroquia como para o concello de Mos”.

Sinalou que “para o Concello vai supor uns ingresos, e que o nome de Mos coñézase máis en toda España e todo o mundo. A cidade deportiva é como unhas relacións púbicas hoxe en día para Mos”.