Primeiro Equipo

O Udinese lévase o XXII Memorial Quinocho dende o punto de penalti

RC Celta

05.jpg

 

O Udinese adxudicouse o XXII Memorial Quinocho tras superar ao RC Celta desde o punto de penalti tras o empate (1-1) rexistrado no encontro. Maxi Gómez marcou ao fío do descanso e De Lima empatou a falta de cinco minutos para o final na única chegada do cadro visitante. No descanso do encontro presentáronse os equipos das categorías inferiores do club.

 

O equipo local dominou a posesión durante a primeira metade con folgura, aínda que non atopou con facilidade ocos na zaga dun replegado Udinese. Xa ao fío do descanso, Maxi Gómez aproveitou un rexeite para anotar o primeiro tanto do parrido.

 

Tras a continuación, con cambios constantes, os celestes mantiveron o dominio do encontro, sen apenas encaixar ocasións en contra, aínda que tampouco con demasiadas a favor. De Lima empatou o partido a falta de cinco minutos na única chegada do cadro visitante. Os célticos tentárono sen fortuna ata o final.

 

O Trofeo decidiuse desde o punto de penalti. Os italianos estiveron máis acertados e levaron o Memorial Quinocho.

 

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Iván Villar (Rubén, min.46), Hugo Mallo (Costas, min.78), Sergi Gómez (Cabral, min.46), Roncaglia (Fontás, min.78), Jonny (Pampín, mn.78), Radoja (Pablo Hernández, min.68), Jozabeth (Wass, min.78), Lobotka (Brais, min.68), Sisto (Hjulsager, min.68), Iago Aspas (Beauvue, min.78) e Maxi Gómez (Guidetti, min.73)

 

1-Udinese: Scuffet, Widmer, Nuwtinck; Danilo, Pezzella, Matos, Halfredsson, Balic, De Paul, Lasagna e Thereau

 

Goles: 1-0, min.44: Maxi Gómez; 1-1, min.85: De Lima

 

Árbitro: Iglesias Villanueva, do comité galego. Amonestou a Jozabed

 

Campo: Balaídos, 5725 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas