O Udinese, rival do Celta no XXII Trofeo Memorial Quinocho

udinese_petrossi_foto.jpg

 

O Trofeo Memorial Quinocho, unha das citas máis especiais para todo o celtismo, regresa este ano coa celebración da vixésimo segunda edición. O vindeiro mércores 9 de agosto ás 20:30 horas o RC Celta medirase ao Udinese italiano en Balaídos nun encontro que será a posta de longo ante o celtismo do equipo de Unzué.

 

O Udinese, club con 121 anos de historia, milita na Serie A italiana e acumula dezaseis participacións en competición europea entre Europa League e Champions League. Será a cuarta ocasión na que o Celta se enfronte a un conxunto italiano no Memorial Quinocho tras as edicións nas que AS Roma, Cagliari e Genova acudiron como rivais invitados.

 

Os prezos das entradas comunicaranse nas próximas semanas.

Leave a Reply

12 + 2 =