O vestiario, clave na adaptación das novas fichaxes segundo Miñambres

O vestiario do RC Celta caracterizouse nos últimos anos polo seu bo ambiente e unión, algo que resulta de moita axuda á hora de incorporar novos xogadores. Maxi Gómez, Lobotka ou Emre Mor foron recibidos cos brazos abertos polos seus compañeiros desde o primeiro día, feito que para Felipe Miñambres resulta determinante na adaptación das fichaxes.

“Quero enxalzar ao grupo e como os reciben. Os novos senten o vestiario, senten aos seus compañeiros e iso é algo moi importante”, destacou o director deportivo este luns nunha rolda de prensa na que repasou a actualidade do equipo ante os medios de comunicación.