O xoven goleador do Xuvenil Santi Mina, celeste as próximas cinco tempadas

santi_mina_01.jpg

Tras a firma de Jonny e Rubén Branco, o club dá un novo paso para garantir o futuro dos seus novos valores

 

O Real Club Celta continúa traballando sen desmaio no desenvolvemento da súa canteira, cuxa achega ao primeiro equipo é máis que notable. O club deu un novo paso para tratar de garantir o futuro dos seus novos valores e pechou un contrato de cinco tempadas co goleador do Xuvenil de División de Honra Santi Mina. Con anterioridade, o club xa selou a continuidade doutros futbolistas de gran proxección como Jonny e Rubén Branco, recentemente renovados.

 

Coa firma deste novo contrato, o club reafirma a súa aposta pola continuidade dos seus novos valores na entidade, na que a canteira é unha das súas pedras angulares. O mozo dianteiro Santi Mina (Vigo, 7 de decembro 1995) é o máximo goleador do seu grupo de División de Honra Xuvenil con nada menos que 27 goles en 17 partidos. O futbolista realizou xa varios adestramentos co primeiro equipo, co que tamén participou nalgún encontro amigable.

 

Recentemente, o club pechou a continuidade doutros dous novos valores da canteira celeste, a dos internacionais Rubén Branco e Jonny. Na actualidade, no primeiro equipo celeste hai nada menos que dez xogadores procedentes das categorías inferiores do club e outro cinco adestrándose con asiduidade.

Leave a Reply

12 + twenty =