juvenilaa.jpg
A Canteira

O Xuvenil A busca pechar a tempada con marca histórica de puntos

RC Celta

O RC Celta Xuvenil A xoga este domingo ás 11.00 horas en A Madroa un partido crucial para facer historia no club. O conxunto dirixido por Jorge Cuesta, campión de liga hai dúas semanas, pode converterse no mellor equipo xuvenil da historia do cadro vigués.

O rival será o Real Oviedo, sexto na clasificación e que acumula bos resultados nas últimas xornadas. Para poder lograr este históricos tres puntos será vital o apoio da afección celeste. A Madroa debe ser unha caldeira que impulse cara á vitoria aos nosos xogadores.

A pesar de coroarse como campións de liga con varias xornadas de antelación, o Xuvenil A aínda ten obxectivos ambiciosos por diante. O primeiro deles é consagrarse como o equipo que máis puntos fixo na historia do RC Celta. Ademais, en maio disputará a prestixiosa Copa de Campións e posteriormente a Copa de SM o Rei.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas