O Xuvenil A debuta como local con vitoria

escudo-celta-recurso_copia.jpg

  

O Celta Xuvenil de División de Honra venceu esta mañá na Madroa ao Real Racing Club por 3-1, nun partido correspondente á segunda xornada ligueira que supuña o debut como local do cadro vigués. Os celestes, adestrados por David De Dios, superaron con solvencia ao conxunto santanderino con tantos de Brais Méndez, Alberto Solís e Hugo Pintos, os dous primeiros desde o punto de penalti.

Leave a Reply

three + 2 =