O Xuvenil A proclámase campión de liga

O RC Celta Xuvenil A proclamouse este domingo campión do grupo 1 da División de Honra. O conxunto dirixido por Jorge Cuesta impúxose en A Madroa por 4-1 ao Pontevedra e conseguiu o título de liga dúas xornadas antes do final.

A vitoria deste domingo puxo o broche de ouro a unha tempada de ensoño para o Xuvenil A. O equipo celeste tan só acumula dúas derrotas no que vai de campionato e suma 72 goles a favor e 22 en contra. Con este triunfo, ademais, asegúranse a súa presenza na próxima Copa de Campións.

O RC Celta felicita a xogadores e corpo técnico do Xuvenil A polo fantástico traballo realizado ao longo de toda a campaña.