O Xuvenil División de Honra continúa sumando vitorias

O equipo vigués superou por 2-3 ao Atlético Perines e xa pensa na Copa Campións

 

O Celta Xuvenil División de Honra non se relaxa a pesar de proclamarse campión de Liga o mes pasado e continúa acumulando vitorias. Nun partido moi disputado, os mozos xogadores vigueses lograron imporse ao Atlético Perines con goles de Thaylor, Fernán e Yelko Piñeiro. O resultado final foi de 2-3 a favor dos célticos.

 

O equipo de De Dios disputará o próximo mes de Maio Copa Campións, competición que organizará en Vigo o Real Club Celta.

Leave a Reply

five × 3 =