O Xuvenil División de Honra proclámase campión de Liga

A falta de catro xornadas certificaron o título cunha vitoria por 2-0 ante o Sporting

 

O Celta Xuvenil División de Honra conseguiu esta tarde o título de Liga ao vencer por 2-0 ao Sporting de Gijón na Madroa. Thaylor e Jordan foron os autores dos goles nun partido moi rifado no que o marcador non se estreou até o últimos dez minutos.

 

Con este triunfo a Xuvenil División de Honra proclámase campión de Liga a falta de catro xornadas para a conclusión do campionato. O club felicita aos xogadores e corpo técnico por esta importante proeza e deséxalles o maior dos éxitos na Copa Campións, que se disputará no próximo mes de maio.

Leave a Reply

11 − 3 =