Hemeroteca canteira

O Xuvenil División de Honra sitúase líder tras unha contundente vitoria

RC Celta

Os canteiráns venceron 7-0 ao Bansander, esta mañá na Madroa

 

O Celta Xuvenil A continúa imparable no Grupo 1 da División de Honra. Esta mañá os mozos celestes fixéronse coa vitoria ante o Bansander cun contundente 7-0. Os asistentes ás Instalacións Deportivas da Madroa desfrutaron dun bo espectáculo no que Manu Vilán (2), Berto (2), Brais Méndes, Nacho e Fede (de penalti) puxeron os goles. Tras desputarse dúas xornadas ligueiras, o Celta Xuvenil División de Honra acumula seis puntos de seis posibles e ubícase na primeira posición da táboa.

 

O conxunto celeste formou de inicio con Iván Villar, Migui, Bugallo, Diego Alende, Samu, Hugo Pintos, Pape, Fede, Brais Méndez, Manu Vilán e Berto.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas