O Xuvenil División de Honra vence no campo do Areosa

Partido sufrido o que lle tocou vivir ao Celta Xuvenil División de Honra no campo do sempre complicado Areosa. Os novos canteiráns celestes, que remataron o encontro cun xogador menos, venceron por 1-2 con goles de Pape e Berto Castiñeira. O resultado podería ter sido moi diferente se os locais non houberan errado desde o punto de penalti.

 

Tras esta vitoria o Celta ocupa a segunda posición da táboa, a só dous puntos do primeiro posto.

Leave a Reply

eleven − ten =