O Xuvenil División de Honra visita ao TSK Roces na primeira xornada

Juvenil_Division_Honor_-_Celta-Sevilla.jpg

A RFEF publicou hoxe o calendario completo para a tempada 2013/2014

 

A RFEF deu a coñecer no día de hoxe os calendarios correspondentes para os grupos de División de Honra Xuvenil. O Celta, encadrado no Grupo 1, debutará no campionato o 8 de setembro ante o TSK Roces. Na xornada 2 os vixentes subcampións da Copa de Campións xogarán nas instalacións deportivas da Madroa ante o Club Bansander.

 

O derbi Celta-Deportivo celebrarase na xornada 10 (10 de novembro) e a volta en Coruña será na xornada 25 (9 de marzo). Os canteiráns celestes han comezado a pretemproada esta mesma semana.

 

Consulta o calendario completo do Grupo 1 Xuvenil División de Honra clicando aquí

Leave a Reply

20 − six =