Hemeroteca canteira

O xuvenil Francisco Duclós debuta nunha convocatoria da Selección Peruana Sub-20

RC Celta

duclos-peru.jpg

O defensor, nova incorporación do División de Honra, foi anteriormente internacional Sub-15 e Sub-17

 

Francisco Duclós (1996), defensa do Celta Xuvenil División de Honra, foi convocado pola Selección Peruana Sub-20 para participar nunha xira de partidos en Arxentina e Uruguai que servirán como preparación de cara ao campionato Suramericano de 2015.

 

Esta convocatoria supón o debut de Duclós na Sub-20 e un salto na súa evolución dentro das categorías inferiores peruanas tras ser chamado anteriormente polos combinados Sub-15 e Sub-17. O xuvenil céltico concentrarase coa súa selección entre o 15 e o 25 de setembro e viaxará a Buenos Aires e Montevideo para disputar catro amigables ante os combinados Sub-20 de Arxentina e Uruguai.

 

O traballo do RC Celta e da Fundación Celta para potenciar e reforzar as categorías inferiores do club continúa sendo refrendado polos seleccionadores, tanto nacionais como internacionais, que demostran cada vez unha maior confianza nos novos valores da Madroa.

 

Foto: www.fifa.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas