Hemeroteca canteira

O xuvenil Pape Cheikh, convocado pola Selección Española Sub-19

RC Celta

papecheikh.jpg

O canteirán concentrarase có combinado español nas Rozas do 2 ao 4 de marzo

 

 

O canteirán Pape Cheikh, futbolista do Celta Xuvenil de División de Honra, foi convocado pola Selección Española Sub-19 para participar do 2 ao 4 de marzo nos adestramentos oficiais que o combinado español levará a cabo na Cidade Deportiva da RFEF, en Las Rozas (Madrid). Esta sesión de adestramentos servirá como preparación de cara á disputa de Rolda Elite en Xeorxia entre o 29 de maio e o 3 de xuño, clasificatoria para a fase final do Europeo da categoría.

O seleccionador nacional Luis de la Fuente volve confiar no mozo xogador céltico tras contar con el na Copa do Atlántico, celebrada a principios de Febreiro e na que España se erixiu como campioa. A confianza dos seleccionadores nos futbolistas da Madroa continúa solidificándose, un referendo máis ao proxecto de fútbol basee celeste que, co traballo do RC Celta e a súa Fundación, xa é unha dos acenos de identidade do club vigués.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas