O xuvenil Pape regresa á Selección Española Sub-19

pape-sub18.jpg

O canteirán celeste participará nos adestramentos oficiais do combinado español en Las Rozas

 

O canteirán Pape Cheikh, xogador do Celta Xuvenil A, foi convocado pola Selección Española Sub-19 para participar nos adestramentos oficiais que realizará o combinado español na Cidade Deportiva de Las Rozas do luns 13 ao mércores 15 de abril.

 

Desta forma Pape segue contando para o seleccionador Sub-19, Luís de la Fuente, que en febreiro lle fixo debutar na Copa Atlántico celebrada en Canarias e que finalizou coa Selección Española como vencedora do campionato. Os adestramentos nos que participará agora o canteirán celeste servirán para preparar rolda Elite de Xeorxia, clasificatoria para o Campionato Europeo, que se disputa no mes de maio.

Leave a Reply

17 + seventeen =