Oito xogadores do filial desvincúlanse do RC Celta

celta_camiseta_b_filial_canteira_2017.jpg

 

Os xogadores Ángel Fraga, Néstor Díaz, Juan Mera, Adri Castellano, Gus Ledes e Roger Riera non continuarán no Celta B a próxima campaña tras desvincularse do club. Por outra banda, Hicham Khaloua e Joao Gomes finalizan as súas cesións co filial vigués.

 

O Real Club Celta desexa expresar o seu sincero agradecemento a todos eles pola súa dedicación, entrega e compromiso como futbolistas celestes e desexarlles o maior dos éxitos nas súas novas etapas profesionais. Boa sorte!

Leave a Reply

twelve − two =