Okay lesionouse durante o partido de preparación en Braga

O internacional turco Okay Yokuslu lesionouse durante o primeiro tempo do amigable disputado polo RC Celta ante o SC Braga no Estadio Municipal de Braga. O centrocampista celeste sofre unha escordadura de grao II do ligamento lateral externo do nocello dereito. O tempo de baixa fixarase tras realizar probas.