Okay sofre unha escordadura no seu xeonllo esquerdo

O centrocampista celeste Okay sofre un esguince no seu xeonllo esquerdo e unha contusión ósea no fémur, segundo o informe facilitado pola Federación de Turquía aos servizos médicos do RC Celta. O medio centro tivo que ser substituído por mor desta lesión no partido amistoso que Turquía disputou ante Grecia o pasado 30 de maio.

O xogador celeste permaneceu concentrado coa selección, aínda que realizando adestramento individual, ata o pasado mércores.