Okay Yokuslu entra no once ideal da xornada de LaLiga Fantasy

A notable actuación de Okay Yokuslu o pasado sábado ante o Sevilla foi recoñecida por LaLiga. O centrocampista turco, que anotou o único gol do partido co que o RC Celta derrotou ao equipo andaluz, entrou no mellor once da xornada da liga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe aos mellores futbolistas de Primeira División