Okay Yokuslu recibe o premio Xogador Estrella Galicia


Okay Yokuslu recolleu este xoves o premio Xogador Estrella Galicia co que a afección lle recoñece como o mellor futbolista celeste do mes de decembro. O centrocampista turco estreouse como goleador na victoria do RC Celta en Villarreal e tivo actuacións moi destacadas ante a SD Huesca, o CD Leganés e o FC Barcelona.

“Quero agradecer este premio a todos os afeccionados e por supuesto ao noso patrocinador Estrella Galicia”, apuntou o mediocentro otomano tras recibir o galardón.