Okay Yokuslu: talento, despregue físico e xogo aéreo para o centro do campo celeste

O RC Celta dota ao seu centro do campo de criterio, calidade, potencia física e poderío no xogo aéreo coa contratación do medio centro turco Okay Yokuslu, xogador de 24 anos de idade e internacional coa Selección de Turquía que xa superou o recoñecemento médico e asinou para as próximas cinco tempadas.

Procedente do Trabzonspor, onde acumula 56 partidos e oito goles en dúas tempadas, Okay Yokuslu caracterízase por un inmenso despregue físico en tarefas defensivas, un poderoso xogo aéreo e un gran trato do balón.

O pivote foi internacional en todas as categorías inferiores da Selección de Turquía e disputou xa 14 partidos coa absoluta. Malia súa xuventude, foi capitán do Trabzonspor, club no que era un gran referente. O xogador tiña ofertas de diversos clubs das ligas punteiras de Europa e finalmente hase decantado por sumarse ao ilusionante proxecto celeste.

Yokuslu converteuse no terceiro fichaxe do RC Celta para a tempada 2018/2019 trala contratación do lateral zurdo David Juncá e o central Néstor Araujo.