Olaza, entre dez e quince días de baixa por unha rotura de grao I

O lateral zurdo Lucas Olaza permanecerá entre dez e quince días de baixa debido a unha rotura fibrilar de grao I no sóleo da súa perna dereita. O xogador uruguaio xa comezou o seu tratamento para reincorporarse ao grupo canto antes. Doutra banda, Kevin Vázquez está pendente de realizar unhas probas médicas e Juan Hernández continúa co seu proceso de recuperación.